Scroll to top
en gl es

Quen somos

Hotel restaurante Mar de Laxe

O Hotel Restaurante Mar de Laxe abriu as súas portas no ano 2018. O noso obxectivo: ofrecer un lugar para descansar e descubrir Laxe e a Costa da Morte, e achegarvos a nosa gastronomía poñendo o máximo coidado nos produtos que seleccionamos.

A nosa cafetería e restaurante están á disposición dos veciños de Laxe durante case todo o ano –menos un mes que collemos no inverno para recuperar forzas–. Ofrecemos servizo de cafetería e menú do día. No restaurante, traballamos para ofrecer a máxima calidade á xente de Laxe e a súa contorna e a todos os que vides descubrir esta zona nas vosas vacacións. A nosa especialidade: as carnes e os peixes á grella.

Se buscades un sitio para descansar en Laxe, atoparedes unhas instalacións modernas e cómodas. Habitacións e apartamentos para desfrutar en parella, en familia ou con amigos. Hai espazo para ler ou traballar, e non podedes deixar de visitar a nosa terraza cunhas vistas imposibles de esquecer.

Services

Ver Video

Municipio turístico galego

Laxe

O Hotel Restaurante Mar de Laxe está situado en pleno centro de Laxe, un pequeno municipio da Costa da Morte cun enorme atractivo polas súas praias virxes e a súa costa agreste. Laxe é, ademais, unha vila aberta a un mar inmenso e cheo de posibilidades inimaxinables. O seu litoral conta con recunchos e paisaxes únicas, que animan á práctica deportiva ou á desconexión absoluta.

Laxe foi galardoado no ano 2007 como municipio turístico galego, polo que resulta un dos pobos mariñeiros máis emblemáticos da Costa da Morte. Ademais, conta cun dos areais máis bonitos e extensos deste litoral, praia que ten a Q de Calidade e consegue a bandeira azul ano tras ano.